19 mar. 2013

Autoavaliación e consideracións persoais

As catro persoas que formamos o grupo estamos satisfeitos co traballo realizado neste proxecto, e cremos que nos podía haber saído mellor, pero non tiñamos tempo suficiente, debido a que o último día de entrega era o venres e tiñamos moitos exames.
As enquisas foron feitas por nós online. Isto foi posible debido a que realizamos un formulario en google docs cuxo enlace, que foi posto na aula virtual do IES Daviña Rei, permitía cubrilo por completo en internet. Os propio google aporta un resumo online co reconto dos datos numéricos (que non os de texto) e unha folla de cálculo á que se van agregando as respostas a medida que os enquisados as cubren.
Grazas a este proxecto, aprendemos a usar algunhas ferramentas de Internet, que antes non coñeciamos como Google Drive ou a páxina de Screenr, tamén aprendemos a facer gráficos en distintas follas de cálculo, a do propio formulario, Excel e Calc. Coñecemos novos conceptos de estatística, e aprendemos a traballar de xeito colaborativo a través da rede.

Propostas para mellorar a nosa comarca

O noso grupo, tocoulle realizar as enquisas as persoas entre 12 e 25 anos.
Ao ver os resultados comprobamos que a metade dos enquisados, non coñecen zoas turísticas de Monforte, como por exemplo a Torre da Homenaxe ou o centro do viño. Máis dun 90% da poboación, gustaríalle que se fixese un centro comercial en Monforte. En canto os monumentos históricos os mais coñecidos son:
O castelo de San Vicente do Pino, a Torre da Homenaxe e os Escolapios.
Deberíase facer mais os monumentos e tamén se debería informar mais á xente, sobre as zoas turísticas e as actividades que se realizan, para intentar que participen nas actividades ofrecidas polo concello de Lemos e que as poidan transmitir aos posibles visitantes.

Conclusións globais respecto dos obxectivos

Neste proxecto, intentamos descubrir se os habitantes de Monforte coñecen os lugares turísticos dos que dispón a súa cidade e contorna.
Co referente o turismo, puidemos comprobar que os máis visitados son os monumentos históricos e as zonas rurais. A maioría das persoas, cren que para que Moforte tivese máis turismo, se debería construír un centro comercial, para que así a xente viñese a comprar aquí, facendo que aumentase o turismo.
A maior parte da xente, o que máis lle gusta facer no seu tempo libre é o ocio e facer deporte. Sabendo isto, podíanse mellorar as instalacións deportivas e creárense novos clubs de deporte, para animaren a xente a unírense a eles.

18 mar. 2013

Datos enquisa

Poboación total de 12 a 25 anos:
Homes 1736, mulleres 1660. En total suman 3396 persoas.(IGE-padrón 2012)

Rango de idade: 12 a 25 anos.
Enquisas realizadas: 120.
Sexo: 61 homes e 59 mulleres.
Proporción de persoas enquisadas: 120/3396= 0,035 é decir un 3,5%.
Porcentaxe que representa cada persoa enquisada: 3396/ 120= 28,3 cada persoa enquisada representa a 28 persoas na realidade.

Tipo de mostreo:
foi non probabilístico, eliximos persoas amigas de cada un dos compoñentes do grupo e persoas de cursos aos que lles pasou a enquisa a profesora.

14 mar. 2013

Visita á web do IGE

Unha das tarefas necesarias para buscar información foi visitar a web do Instituto Galego de Estatística para baixar a táboa de datos co número total de persoas do noso rango de idade. Aquí vos deixamos un ligazón.
Video Screenr

10 mar. 2013

1. Situación laboral


Análise: A maioría dos enquisados son estudantes e uns poucos son homes desempregados.

2. Que estudos realiza actualmente?


CONCLUSIÓN: A maioría dos enquisados están estudando na ESO ou están no bacharelato. Unha pequena parte dos homes están nun ciclo formativo e unhas poucas mulleres na universidade.

3. En que sector traballa actualmente?


CONCLUSIÓN: A maioría da xente non contestou porque son estudantes e non están traballando. Pero unha pequena parte traballa sobre todo no sector primario e uns poucos nos outros dous sectores.

4. Que lle gusta facer no tempo libre?


CONCLUSIÓN: A maioría gústalles facer ocio (saír cos amigos, ir ao cine...) e uns poucos fan deporte no seu tempo libre.

5.Se a resposta á pregunta 4 foi a primeira opción, que deporte practica?


CONCLUSIÓN: A maioría dos homes enquisados xogan ao fútbol e as mulleres fan natación ou fan outro tipo de deporte. Un grupo importante de persoas NS/NC.

9 mar. 2013

6-Visitou algunha vez a torre da Homenaxe?




Conclusión: A maioría das mulleres, visitaron a torre da Homenaxe, por outro lado hai mais homes ca mulleres que non a visitaron.

7-Cales destes pratos che gustaría probar?




Reflexión:

Esta pregunta é de resposta múltiple.
Á maioría dos homes, o que mais lles gustaría probar é o polbo á feira, o mesmo cas mulleres. Nesta pregunta decidimos anular 22 respostas debido a que eran inapropiadas ou irrespetuosas (mulleres 10 e homes 12).

8- Visitou algunha vez o centro do viño que hai en Monforte?

Conclusión: A maior parte das persoas, visitou o centro de viño de Monforte. Tamén podemos ver que hai bastante xente que non respondeu a pregunta (Ns/Nc).

9- Nas vacacións a que tipo de lugares lle gusta ir?

Conclusión: O lugar a o que mais lle gusta ir é  á praia e o que menos á montaña.

10- Que tipo de turismo cre que se pode facer en Monforte para a súa idade?

Conclusión:

As mulleres opinan que o turismo que se pode facer é visitar os monumentos históricos e os homes consideran que é o turismo rural.

11.-Que monumentos históricos coñece en Monforte?



En resumo, a maioría dos enquisados coñecen "O Escorial galego", deixando o marxe a Ponte Romana e o edificio das Clarisas: un dos grandes museos de Galiza. .

12.-Que pazos coñeces na comarca de Lemos?






Máis da metade dos enquisados non coñecen ningún pazo en Monforte, unha porcentaxe moi baixa, que pode ser debida a grande cantidade que hai pola zona.

13.-Visitou algunha vez os Canóns do Sil?


De todos os enquisados que foron 120, nada máis 65, a metade, visitaon os canóns do Sil, o que implica que unha gran actividade e moi divertida de Monforte é desaproveitada, debido, seguramente, á escasa promoción.

14.-Que lle gusta facer en Monforte cando sae cos seus amig@s?


A gran parte dos enquisados gústalles ir ao cine cando sae cos seus amigos, así que en Monforte hai unha boa afección ao cine, aínda que moi pouca variedade posto que solo hai un local de proxección de películas.
Outra grande parte gústalle ir ao parque, o que implica que para Monforte os parques son unha opción turística de interese.

15.-Cree que hai moito ambiente cando sae por Monforte as noites?



Máis da metade dos enquisados opinan que en Monforte non hai moito ambiente polas noites, nos últimos anos se reduciu considerablemente a cantidade de persoas que se ven a esas horas. Unha das causas puido ser a crise.

8 mar. 2013

16. -Hai festivais ou festas que lle gusten de Monforte?



A gran maioría dos enquisados respostaron que si, que as festas ou festivais de Monforte lles gustan; aínda que sempre hai persoas que non están de acordo con esa opinión. É difícil que algo guste a todos por igual, pero en xeral, as festas e festivais de Monforte gustan a todos.