11 feb 2013

Sondaxe de opinión

Para iniciar o proxecto facemos un estudo de mercado. Recabamos datos a partir dunha sondaxe que os alumnos de 4º realizan dentro do tema de estatística na clase de matemáticas (opción B). A elaboración, análise e resultado publícase nas páxinas deste blog. Cada grupo de alumnos elixe o idioma no que quere facer as preguntas, galego ou castelán.
Antes de elaborar o cuestionario sobre o turismo na bisbarra de LEMOS buscamos preguntas interesantes para que a información recollida sexa eficaz. Pensamos que vén a buscar o turista? que lle podemos ofrecer? que non lle podemos ofrecer? onde encontramos/recollemos esta información?
(Análise FD- Fortalezas e debilidades)

Que temos?

  • Turismo termal
  • Turismo deportivo (golf, sendeirismo...)
  • Turismo ecolóxico (parques naturais...)
  • Turismo gastronómico/enolóxico (festas gastronómicas )
  • Turismo cultural/relixioso/folclórico/artesanía (rutas monumentais, musicais...)
  • Turismo familiar

    Que nos falta?

      • Turismo de compras
      • Turismo de diversión
      • Parques temáticos
      • Zona de baños
      • Deportes ao aire libre, caza e pesca
      • Turismo náutico
      • Infraestrutura e transportes
      • Comunicación e difusión

        Como e onde se informan os turistas?

        • Hai algunha web que recolla todos os temas anteriores, con difusión de festas, actos...?
        • Temos suficientes empresas turísticas de/na nosa bisbarra?
        • Que "busca" a xente cando viaxa? 
        Despois destas reflexións elabóranse os cuestionarios .....