19 mar 2013

Autoavaliación e consideracións persoais

As catro persoas que formamos o grupo estamos satisfeitos co traballo realizado neste proxecto, e cremos que nos podía haber saído mellor, pero non tiñamos tempo suficiente, debido a que o último día de entrega era o venres e tiñamos moitos exames.
As enquisas foron feitas por nós online. Isto foi posible debido a que realizamos un formulario en google docs cuxo enlace, que foi posto na aula virtual do IES Daviña Rei, permitía cubrilo por completo en internet. Os propio google aporta un resumo online co reconto dos datos numéricos (que non os de texto) e unha folla de cálculo á que se van agregando as respostas a medida que os enquisados as cubren.
Grazas a este proxecto, aprendemos a usar algunhas ferramentas de Internet, que antes non coñeciamos como Google Drive ou a páxina de Screenr, tamén aprendemos a facer gráficos en distintas follas de cálculo, a do propio formulario, Excel e Calc. Coñecemos novos conceptos de estatística, e aprendemos a traballar de xeito colaborativo a través da rede.