19 feb 2013

Primeira proba

                             Primeira proba
                       Hoxe, día 19 de Febreiro pasamos por primeira vez a enquisa aos alumnos de 3º A, e axudáronnos a darnos conta de que tiñamos tres pequenos erros:
  • Tiñamos algunhas respostas que eran opcionais como "obrigatorias", polo tanto tivemos que corrixilo.
  • Non tiñamos as respostas numeradas, entón os que realizaban a enquisa confuncíanse, polo tanto tamén as tivemos que cambiar. 
  • Tamén opinaron que había demasiadas preguntas sobre deportes, asé que decidimos cambiar algunhas preguntas por outras máis variadas.

17 feb 2013

Enquisa Segunda Parte


Segunda parte da enquisa (Xóvenes entre 12 e 25 anos):

11. Que tipo de turismo cree que se pode facer en Monforte para a súa idade:
a) Rural
b) Sendeirismo
c) Balnearios
d) Monumentos históricos
12. Que monumentos históricos coñece en Monforte?

13. Que fai en Monforte cando sae cos seus amig@s?
a) Cine
b) Parque
c) Piscina
d) Outros:

 14. Cree que hai moito ambiente cando sae por Monforte as noites?

a) Si
b) Non

15.Hai festivais ou festas que lle gusten de Monforte?
a) Si
b) Non

16.Cales?
a) San Mateo
b) Feira Medieval
c) Outros

17.Que festas que non hai en Monforte lle gustaría que houbera?

18.Gustaríalle que houbera un centro comercial en Monforte?
a) Si
b) Non

19.Que e o primeiro que lle ensinarías a alguén que ven visitar Monforte?

20.Que crees que lle falta a Monforte?

a) Deportes
b) Festas
c) Tendas
d) Outros:

15 feb 2013

Enquisa mozos

Primeira parte da enquisa



1. Sexo.
a) Home
b) Muller

2. Idade.
a) Maior de idade
b) Menor de idade

3. Situación laboral
a) Estudante (pregunta 4)
b) Traballador(pregunta 5)
c) Desempregado

4. Que estudos realiza actualmente
a) ESO
b) Bacharelato
c) Ciclo formativo
d) Carreira universitaria
e) Outros(especifique):

5. Que posto ocupa actualmente?

a) Sector primario
b) Sector secundario
c) Sector servizos

6. Que lle gusta facer no tempo libre?
a) Facer deporte
b) Ocio (saír con amigos, ir ao cine...)
c) Outros (especifique):
7. Se a resposta á pregunta 6 foi a primeira opción, que deporte practica?
a) Golf
b) fútbol
c) Natación
d) Outros

8. Se a resposta é outros, ¿Hai ese deporte en Monforte ou ten que ir a outro sitio?
a) Si
b) Non
c) A veces (torneos)

9. Se non o hai, tedes que ir moi lonxe para practicalo?

10. Nas vacacións a que tipo de lugares lle gusta ir:
a) Praia
b) Montaña (sendeirismo, neve)
c) Festivais musicais
d) Parques temáticos: (Port Aventura ...)

O proxecto, distribución de tarefas

Hoxe, explicaronnos  un pouco sobre o que  ia a  enquisa que tiñamos que facer e as preguntas que podiamos poñer na enquisa. A cada grupo asignóuselle unha idade determinada para facer a enquisa:
O primeir grupo: de 0 - 11 anos (nenos).
O segundo grupo: de 12 - 25 anos (xoves).
O terceiro grupo: de 25 para a diante (adultos)
Dito isto, déronnos un portátil por grupo, no que cada grupo, apuntou  algunhas  preguntas, para poñelas na súa enquisa, cada grupo, tiña que ter en conta a clase de idade que lle tocara. Porque dependendo da idade que lle tocara poñería unhas preguntas ou outras. Por exemplo para os nenos: "Paréceche que hai poucos sitios nos que poder xogar?"

12 feb 2013

Mergullando nos datos

       Día 4 de Febreiro de 2013             
       
O día 4 de Febreiro demos unha clase, na cal buscamos datos sobre Monforte de Lemos, como por exemplo, o número de hoteis e restaurantes que hai na Terra de Lemos.
Primeiro, visitamos a web do IGE e descargamos os datos correspondentes á comarca de Lemos; a continuación descargamos os datos dos establecementos hoteleiros; despois descargamos un exemplo de cuestionario na web do IGE, para observar como se fai e coller pistas para posteriormente facer o noso propio. Ao rematar xuntamos todo nunha carpeta comprimida e subímola ao blog.
Logo de rematar coa primeira parte, dividimos a enquisa por estratos: ao noso grupo tocáronlle as persoas entre 12 e 25 anos.
E xa para rematar a clase, observamos un estudo sobre o mercado turístico da comarca de Lemos, para tomar ideas dos temas que podía tratar o noso cuestionario.

11 feb 2013

Sondaxe de opinión

Para iniciar o proxecto facemos un estudo de mercado. Recabamos datos a partir dunha sondaxe que os alumnos de 4º realizan dentro do tema de estatística na clase de matemáticas (opción B). A elaboración, análise e resultado publícase nas páxinas deste blog. Cada grupo de alumnos elixe o idioma no que quere facer as preguntas, galego ou castelán.
Antes de elaborar o cuestionario sobre o turismo na bisbarra de LEMOS buscamos preguntas interesantes para que a información recollida sexa eficaz. Pensamos que vén a buscar o turista? que lle podemos ofrecer? que non lle podemos ofrecer? onde encontramos/recollemos esta información?
(Análise FD- Fortalezas e debilidades)

Que temos?

  • Turismo termal
  • Turismo deportivo (golf, sendeirismo...)
  • Turismo ecolóxico (parques naturais...)
  • Turismo gastronómico/enolóxico (festas gastronómicas )
  • Turismo cultural/relixioso/folclórico/artesanía (rutas monumentais, musicais...)
  • Turismo familiar

    Que nos falta?

      • Turismo de compras
      • Turismo de diversión
      • Parques temáticos
      • Zona de baños
      • Deportes ao aire libre, caza e pesca
      • Turismo náutico
      • Infraestrutura e transportes
      • Comunicación e difusión

        Como e onde se informan os turistas?

        • Hai algunha web que recolla todos os temas anteriores, con difusión de festas, actos...?
        • Temos suficientes empresas turísticas de/na nosa bisbarra?
        • Que "busca" a xente cando viaxa? 
        Despois destas reflexións elabóranse os cuestionarios ..... 

        7 feb 2013

        INTRODUCIÓN AO PROXECTO

        O proxecto "Sondaxe sobre o turismo na comarca de Lemos", englóbase dentro doutro proxecto de centro co que se pretende elaborar unha campaña publicitaria sobre Monforte de Lemos e a súa comarca.
        A idea principal é concienciar ao alumnado sobre as posibilidades turísticas da nosa comarca (mais información aquí).
        Trátase dun proxecto no que participan varios grupos e materias polo que se distribúen as tarefas de forma cooperativa.
        No caso de 4º de ESO se realizará un estudo de opinión/mercado para coñecer cal é a situación inicial do turismo na zona. Este estudo consistirá na realización dunha enquisa sobre temas turísticos da que logo sairán os puntos a destacar no anuncio publicitario.
        As preguntas iniciais ¿que temos en Monforte? ¿que non temos en Monforte? ¿coñecen os habitantes da zona o que temos e o que non? ¿e o público en xeral? serán a base para que os nosos compañeiros doutros cursos inicien a promoción publicitaria.
        A profesora coordinadora, Mª Jesús Casado Barrio